LibreWare ;) para todos

Grava que algo queda

Publicado por: rapososin en: Xuño 2, 2009

Todos temos necesidade de gravar un CD ou un DVD de vez en cando, pero ¿cantos de vos utilizades software libre para elo?.

InfraRecorder , estupendo programa de gravación con licencia de uso GPL, so pra Windows.

En Linux, como xa sabedes sobran programas Open Source gratuitos para todo como os seguintes

X-CD-Roast ( http://www.xcdroast.org/ )
Brasero ( http://perso.orange.fr/bonfire/index.htm )
GnomeBaker ( http://gnomebaker.sourceforge.net/ )
Graveman! ( http://graveman.tuxfamily.org/ )
K3b ( http://www.k3b.org/ )

Google wave

Publicado por: rapososin en: Xuño 2, 2009

Google presenta un novo instrumento de  telecomunicación. Google wave

O pasado 28 de maido Google presentou Google wave, un novo instrumento de telecomunicación da rede que se atopa en pleno desenvolvemento. Google wave integra os medios principais da comunicación da rede como E-mail e mensaxería instantanea nunha única plataforma para dar ós usuarios un xeito novo de traballar, comunicarse e cooperar a través de Internet.

No Google I/O, o persoal técnico de Google, concretamente os creadores de Google Maps, exhibiron as principais funcións do novo instrumento. Segundo nos mostraron “Wave” é en realidade unha “conversación”, que pode ser iniciada por algún usuario e contar coa participación das persoas invitadas polo iniciador. Ademais do texto, aporta contido de multimedia como fotos e video e incluso xogos. O usuario pode agregar as súas respostas en calquera posición e, ao mesmo tempo, o contido de “Wave” pode ser redactado directamente por varias persoas a un mesmo tempo. Tamén se pode ver en tempo real a operación de modificación por parte doutros ou repasar as modificacións anteriormente feitas a través da repetición. Así mesmo pódese optar en calquera momento por entrar ou retirarse de la conversación.

Este é un exemplo da pantalla do ordenador da presentación con Wave dentro de Crome.

Google wave e Open Source o cal fará que a sua entrada en escena sexa seguida dunha chea de aportacións da extensa familia que desenvolve Open Source.

Microsoft viuse moi afectada por esta presentación e reaccionou bruscamente coa presentación doutro producto no que estaban a traballar é que seguramente non farian tan axiña xa que o seu estado de maduración parece escaso. Falo agora de Bing que sumado a Live Search intentará facerlle frente a Google no mercado dos buscadores.

Video da presentación de Google wave no Google I/O ‘09

Saudos

Etiquetas: , ,

Wikis? Cal escoller.

Publicado por: rapososin en: Maio 7, 2009

FAQ:  Somos un grupo de traballo que se atopa en distintas ubicacións e queremos un espazo para compartir arquivos, e poder asi traballar de xeito más coordinado. Pódemos servir un FTP?

RESPOSTA: Non, o traballo colaborativo implica que que varias persoas traballan sobre os mesmos documentos/proxectos co cal un FTP non facilita o traballo senón que o complica, xa que esixe que os implicados sinalen de algún xeito (non soportado polo FTP) que están a traballar nun documento para que outro non se poña a traballar no mesmo simultaneamente, e que cando ambos o garden un non machaque o traballo do outro.

Entón, cal é  solución?

Depende moito de cada caso pero cando falamos de grupos e de colaboración, inmediatamente xurde o termo WIKI, ¿non sabes o que é? pois aquí tes un video que cho aclarará:

Pero que Wiki é o que ti necesitas? so ti podes responder a esta pregunta un punto de partida para respondela pode ser Wikimatrix Wiki Choose Wizard.

En Thunderbird como en Microsoft Office Outlook

Publicado por: rapososin en: Maio 6, 2009

Os amantes de Thunderbird tamén poden ter funcionalidades de calendario, o estilo Office Outlook. Podemos atopar solucións que completan a sua funcionalidade con utilidades coma as que atomapos en  Mozilla Calendar Project.

Hoxe centraremonos no Lighning 0.9.

Os pasos para instalar a ferramenta son os típicos:

  1. Descargar o arquivo
  2. Abrir Thunderbird
  3. Ir o menú Ferramentas·Complementos·Instalar
  4. Pulsar o botón Instalar e seleccionar o arquivo que descargamos no paso 1
  5. Tras a instalación reiniciar o Thunderbird.

Agora temos o programa insertado no noso Thunderbird, xa temos axenda e calendario.

Felicidades.

Como instalar Ubuntu 9.04 de cero (2ª parte)

Publicado por: rapososin en: Maio 5, 2009

A continuación vemos pantalla por pantalla o proceso de instalación

En primeiro lugar aparece a pantalla seguinte Ler o resto desta entrada »

Como instalar Ubuntu 9.04 de cero (1ª Parte)

Publicado por: rapososin en: Maio 5, 2009

Ola amigos,
para os que sodes novos nestas lides do Linux, escribo estas notas para que vos sexa doado instalar o Ubuntu.

  • Qué Linux necesito?
    • Depende da tua máquina da sua capacidade e demais, pero podes atopar versións que corren en PCs moi vellos con Pentium e 64Mb de Ram. Pero Hoxe faremos unha instalación do último Ubuntu o 9.04 ou Jaunty Jackalope.
  • Teño que deixar/eliminar o windows antes?
    • Se deixas windows, podes reducir o tamaño da partició, usando a utilidade gparted dende un LIVE-CD.
    • Se fas unha instalación limpa e usas todo o disco duro non sufras porque logo poderás crear máquinas virtuais con windows (a versión que che pete) dentro do Ubuntu.
    • Fai copias a un disco externo dos arquivos de datos que queiras salvar.

Pasos a seguir Ler o resto desta entrada »

Wine, é viño en inglés.

Publicado por: rapososin en: Abril 28, 2009

Isto é evidente, pero tamén é o acrónimo redundante de Wine Is Not an Emulator.

En breve, un artigo sobre este utilitario de Linux

windows-y-linux

Cando un pensa en ser infiel a Microsoft e deixar de usar o Windows, sempre atopa algunha razón para non facelo, una delas pode ser: porque este ou aquel programa resúltame insustituible e é un programa para Windows, e claro xa temos una razón para non dar o paso.

En realidade isto e completamente falso, o mundo non remata en Windows, sempre existen varias alternativas de software libre a calquera programa de pago, so temos que saber cales son e decidir cal é a nosa. Ler o resto desta entrada »

Pasar o noso correo de Windows a Ubuntu

Publicado por: rapososin en: Abril 24, 2009

Ista tarefa non é nada complicada ainda que hai que ser minucioso ó seguir os pasos.

En primeiro lugar se non temos instalado Thunderbird como o noso cliente de correo electrónico, o que temos que facer é instalalo, con el poderemos importar de múltiples clientes e correo electrónico (Comunicator, Eudora, Outlook, Outlook Express).

Se fora o caso importaremos tanto a configuración como a libreta e os mensaxes. Esto non reviste apenas deficultade: Ler o resto desta entrada »

FTP para Firefox

Publicado por: rapososin en: Abril 23, 2009

Neste video amosase como instalar un plugin FTP no Firefox e o seu uso.

Etiquetas: , ,